Cabecera
 

Don Xoan Vidal Martínez

 
 

Cuadro de texto:  D.XOAN VIDAL MARTÍNEZ nado o 29 de marzo de 1.904 en Pontevedra, na Parroquia de Salcedo. Mestre da Alianza Aresana 1.946-1.969. Escritor e poeta.
            Do libro escrito por Ana Acuña “Voz e Memoria”, XOAN VIDAL entresacamos aqueles datos mais sobresaintes da súa vida intelectual, e de xeito especial, a su relación co noso pobo de Ares: A acta fundacional do partido Nazionalista Galego de Pontevedra (1-6-1.931) permítenos imaxinar a renovación xeneracional que ten lugar no nacionalismo galego:
            “Na cidade de Pontevedra, as oito do serán do día primeiro de San Xoan no ano de mil novecentos trinta e un e na planta baixa da casa número nove da rua de Sarmiento, xuntáronse os seguintes señores: Alfonso R. Castelao, Xoan Vidal Martínez, (seguen dezaoito nomes máis) … co obxeto de darlles conta dos estatutos (…).
            Practicado o escrutinio resultaron ser:
            Alfonso R. Castelao-Presidente.
            Xoan Vidal Martinez-Secretario…
            Cabe sinalar a gran importancia de traballar, como secretario dun partido político: aconsellar, interpretar e compartir en gran medida o pensamento do  persoeiro  Alfonso R. Castelao; considerado por moitos  un dos homes máis importantes do rexionalismo galego. Os restos mortais de Castelao reposan no Panteón dos Galegos Ilustres en Santo Domingo de Bonaval, en Santiago.

A obra literaria de D.Xoan Vidal Martínez, resumímola do seguinte xeito:
ALBORADA (1.922); En maio de 1.922 funda Alborada, revista de selo editorial ó que se debe a publicación, en 1.927, de Proel, de Amado Carballo e de Alcor, de Xoán Vidal. Bo sumario da revista figura como Redactores artísticos; Alfonso Rodríguez Castelao, Álvaro Cebreiro e Manolo Méndez.

CRISTAL (1032-33), CENTRO DA VIDA CULTURAL DE PONTEVEDRA.- en 1.932 Xoán Vidal Martínez funda Cristal, revista bilingüe exclusivamente literaria á que logo se uniron Xosé María Álvarez Blazquez  a Antonio Díaz Herrera. Esta nova publicación fai que siga en contacto con grandes figuras da arte e as letras, como poñen de manifesto os sumarios editoriais da revista literaria: García Lorca, Castelao, Bouza Brei, Bautista Andrade, Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Antonio Fraguas… Federico García Lorca visitou a redacción de Cristal no ano 1.932, da que D. Juan Vidal gardaría un gratísimo recordo.

No seu espírito pesou sempre o triste recordo daqueles amigos que desapareceron trágicamente: Juan Carballeira, “O poeta da fronte cristalina”, segundo él o definiría, Alexandre Bóveda, cuxo recordo mantivo vivo e polo que sentiu unha grande admiración; Urbano Moledo e Ventura de Dios, “Turas”, do que sempre falou con profundo e triste sentimento.

 

 
 

LOS SENDEROS INÚTILES (1956).- En 1956 publica Los senderos inútiles, poemario en castelán prologado polo seu grande amigo Xosé María Álvarez Blázquez e con portada de Manolo Méndez. Como todo o seu facer poético, este libro tivo excelentes críticas.

Estancia en Canarias: En 1968 e por razóns familiares iría ás Illas Canarias exercendo o magisterio no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou ós 65 anos de idade.

A vinculación con Ares: do ano 1.946 a 1.969 (23 anos) residiu en Ares, exercendo o maxisterio como profesor nas escolas da “Alianza Aresana”. O seu recordo será imborrable: como Mestre de xeito exemplarizante, como pai de familia numerosa todo un exemplo a imitar e como cidadán a maior honra que se lle pode atribuír á persoa humana: “un home de ben”.

 
 

 

A Xoán Vidal Matinez, ante a publicacion da súa vida e obra pola Deputacion de Pontevedra e que conten o meu Poema de Urgencia

 
 
   

Descubro a cada paso el camino del ayer
Que asoma cual la hiedra trepadora.
firme sobre las piedras,
lenta y frondosa,
Hacia el sol.

Descubro en tu palabra el sueño joven
Y la promesa eterna
hecha amor.

Me conmueve tu silencio escondido
En lo más profundo.
Me conmueve entero  tu interior.

Siento que has vivido bebiendo a sorbos
De la vida ,
Saboreándola,
Y compartiendo con nosotros
Lo mas bello que ella te dejó.

Rio en mi infancia feliz en tu escuela
Admirando tu obra
Y escuchando,
Una vez más,
Tu voz.

              Ares, agosto 2009

Xabier Vilasánchez