|
I N D I A N O S
INTRODUCCIÓN:
“Indianos.Arquitectura da emigración na península de Bezoucosres,Cabanas, Fene e Mugardos”.(2.000). Esta publicación é o resultado do traballo de investigación que o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, través da Comisión de Cultura da súa Delegación en Ferrol, realizou sobre a pegada arquitectónica que deixou en Galicia a emigración ó continente americano. Si ben o traballo na península de Bezoucos, formada por los Concellos de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos, por constituir unha unidade territtorial e socical claramente diferenciada, na que son abundantes os vestixios deixados por esta relación transoceánica.
Faríase moi extenso recoller o contido enteiro desta publicación, polo tanto vou extraer todo aquelo que fai referencia o Concello de Ares; por proximidade e coñecemento dos que son ou foron os seus propietarios, sin que elo supoña, de ningún xeito discrimación ou diferenciacions. Todolo contrario. As edificacións recollidas, pertenentes a todolos concellos parécese como irmans no seu estilo.
O froito da presente análise e reflectir unha realidade distinta , resultado da corrente de ideas de de ideas de ida e volta, dende os de creación europea a América , regresando a través da emigración a Galicia. Aquí os trazos coloniais messturánse con outros autóctonos, empregánse todos estilos posibles do momento xunto á arquitectura tradicional galega, producense grandes intervencións edificatorias á vez que pequenas reformas, etc., non podendo de ningún xeito falar dun estilo concreto de arquitectura indiana, pero si dun proceso de renovación edilicia tanto no medio urbano como no rural, principalmente durante o primeiro tercio do século XX, que tamén orixina a introducción de adiantos técnicos e distribucións interiores: armarios de parede, servicios higiénicos, bombas de captación de auga …, fenómeno que produce que a arquitectura galega xa non poida entenderse sen a presencia da figura do indiano.
Censos Municipais do Ano 1.912
Veciños de Ares: 6.523
Vecinños de Ares ausentes 1.089
Mais específicamente: deses “ausentes” (sic) aresans estaban en Cuba 957 veciños e 21 en USA.
Dende a pioneira “Alianza Aresana” (1.904) foi xurdindo unha constelación de sociedades galegas de denominación municipal e/ou parroquial.
Decembro de 2.000.
: CONSTRUCCIÓNS INDIANAS NO MUNICIPIO DE ARES
|
|